O 1 de xullo estarán operativos todos os medios de loita contra o lume para esta campaña. A conselleira de medio rural dí que o monte arde porque lle prenden lume non polo sol nin polo nordés aínda que lembra que, a pasada, foi a primavera máis seca, dos últimos 18 anos // Cúmprense 23 días do secuestro en Venezuela do empresario de Gondomar  Jaime Carrera. Os familiares aseguran que xa pagaron mais de 600.000 euros polo seu rescate e nada saben do seu paradoiro tras ser raptado ás portas dunha das granxas avícolas que rexenta en Venezuela onde reside dende hai ro anos // Algúns dos protagonistas da consecución do primeiro título oficial do deportivo, a Copa do Rei da temporada 1994-95, lembraron hoxe o significado daquel trofeo. Lográrono nun histórico enfrontamento co Valencia, nun partido que tivera que xogarse en dúas xornadas polo diluvio que caera sobre Madrid, cando se disputaba o encontro inicial. 26/06/15