A Xunta aproba unha ampliación das axudas para a incorporación de mozos e mozas ao sector agrogandeiro. A oposición acusa ao Goberno galego de entorpecer as políticas municipais a prol da vivenda | Incremento da sinistralidade nas estradas, especialmente nos accidentes de motos e atropelos de animais salvaxes | Vigo xa conta cun novo Plan Xeral de Urbanismo | Santiago solicita a declaración de zona residencial tensionada | Visto para sentenza o xuízo ao exxerente da antiga Residencia de maiores Valle Inclán, en Vilanova de Arousa | En Lugo comezou o xuizo ao presunto asasino de Cristina Cabo. A fiscalía pide 30 anos de cadea. Detido un veciño de Xinzo de Limia por ferir á súa muller a disparos | SOS desaparecidos lanza un aviso por un home de 31 anos en paradoiro descoñecido dende hai 11 días | Celebracións en Vigo pola clasificación do Celta na Europa League con dous grandes aclamados: o adestrador Claudio Giráldez e o capitán Iago Aspas | Oliver Laxe viaxa directamente a Galicia t