O PP aposta por Santiago para o acto de peche, esta noite, da campaña electoral, ainda que Alfonso Rueda estará tamén en Pontevedra e Vigo. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo e Paco Rodriguez en Ourense, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // Os partidos apuran as últimas horas tentado convencer os indecisos, unha información que lles ofrecemos conforme ao reparto de tempos que marca a xunta electoral. // Hoxe temos entrevistas cos candidatos do Partido Popular a alcaldía de Santiago, Borja Verea e á de Vigo, Marta Fernández Tapias. // . 26-05-23