Perfílanse os cambios nas deputacións, lodo das eleccións do domingo. A socialista Carmela Silva confirmase coma aspirante a presidir a de Pontevedra onde Rafael Louzán anuncia a súa marcha // En cambio, o titular da de Ourense, José Manuel Baltar destaca o triunfo do PP na provincia, polo que foi felicitado por Núñez Feijóo e Mariano Rajoy // Os resultados electorais foron moi axustados nunha vintena de municipios galegos. Onde mais, na cidade da Coruña onde a lista máis votada, a da marea atlántica so lle sacou catro votos de vantaxe ao segundo, o Partido Popular // O dianteiro do Celta Nolito convocado por segunda vez para vestir a camiseta da selección. Podería xogar fronte a Costa Rica o 11 de xuño en partido amigable ou o 14 fronte a Bielorrusia xa nun compromiso oficial de España para buscar a clasificación para a Eurocopa do ano que vén. 26/05/15