Rueda pecha o debate medioambiental por Altri e defende a macrocelulosa proxectada en Palas de Rei como fonte de riqueza pra Galicia. A oposición acúsao de implantar unha industria contraria ás medidas fronte ao cambio climático, que provocará perda de emprego noutros sectores e requerirá dunha gran inversión con diñeiro público | Europa declara de interese estratéxico o proxecto de extracción de Litio en Doade, no concello de Beariz. Pretende obter unhas 90.000 toneladas ao ano dun mineral necesario na fabricación de baterías recargables. Un proxecto cuestionado por grupos ecoloxistas | Particulares e organizacións acusan á Xunta de Galicia de inacción ante a contaminación do encoro das Conchas pola actividade intensiva gandeira e aviar. Por primeira vez en Europa, xulgaráse ese impacto nos recursos hídricos dende a perspectiva de dereitos fundamentais das persoas | Comeza en Silleda SEDEXPO, a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias | Peches e protestas dos veteri