Lugo é unha das cidades onde se vive con especial intensisdade a dor polas vítimas da traxedia aérea dos Alpes.  A exmuller, a filla e a neta de Juan Pardo Yáñez, un veciño da cidade,  figuran entre os 50 españois que pereceson no sinistro. Os últimos datos sobre a  acción voluntaria do copiloto para estrelar  o avión, non axudan a aliviar o sofrimento.   As cámaras de comercio de  Vigo, Pontevedra e Vilagarcia fusionanse para reducir custes. Fano pola caída de ingresos ao deixar de ser obrigatorio o pagamento das cotas por parte das empresas. A nova entidade agrupará a 80 mil empresas da provincia de Pontevedra  A xunta aproba  o decreto para aumentar a sua competencia no sector dos hidrocarburos co obxectivo de conseguir unha rebaixa nos prezos, dos mais altos de españa. Para que haxa mais competencia entre as empresas, o goberno galego pretende que ningunha operadora controle mais do 30 pero cento do mercado en cada provincia.  (26/03/15)