Falece un home no incendio da súa vivenda en Bertamiráns, no concello de Ames, cerca de Santiago. Un veciño detectou unha densa fumareda nas zonas comúns do edificio e alertou aos servizos de emerxencias, que atoparon ao home, inconsciente tendido no chan | Debate entre os líderes políticos, no Parlamento, sobre a oferta do goberno central de condonar algo máis de 4.000 millóns de euros da débeda autonómica. A Xunta súmase ás comunidades do PP que rexeitan a oferta, que Rueda califica de mal negocio para Galicia. Socialistas e nacionalistas pídenlle que rectifique, e o BNG ofrece o seu apoio para que reclame unha cantidade maior | As últimas operacións contra o narcotráfico deixan constancia da chegada ás rías galegas de novas organizacións, de orixe balcánico. Hoxe analizamos no Telexornal cómo afrontan os medios policiais a loita contra estas bandas | Avanzan os traballos de restauración do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense, único de Galicia adicado a ese culto, un ano despo