Comeza o reconto dos votos do censo de residentes ausentes, unhas 29.300 papeletas que chegan desde a emigración para as eleccións autonómicas e que poderían facer variar un escano na provincia de Ourense | Os homes gañan de media en Galicia uns 5.000 euros máis ao ano que as mulleres, facendo o mesmo traballo. Unha fenda salarial que os últimos estudos cifran por riba do 20 por cento | Os servizos de urxencias do Sergas contarán cun sistema telemático de interpretación de linguaxe de signos as 24 horas. Estará dispoñible nas urxencias dos 14 hospitais públicos galegos e nos 90 puntos de atención continuada | Lembramos o humorista gráfico Xesús Campos, pioneiro da banda deseñada en galego, coincidindo co 33 cabodano do seu pasamento