Panos Bordados por mulleres que levan gravadas mensaxes contra a violencia machista. Unha das iniciativas levadas a cabo neste 25 de Novembro, nun taller, na Coruña, dirixido pola ilustradora Bea Lema, A partir dunha idea xurdida en México, para protestar polos feminicidios | Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, que chega con dous casos de homes detidos por agresión ás suas parellas, ambos na provincia de Lugo. Un deles, en Vilalba, un home de máis de 80 anos, que golpeou cun martelo na cabeza a súa muller, de 78, e quedou en libertade provisional despois de prestar declaración xudicial | A Xunta anuncia unha liña de axudas por valor de 50 millóns de euros para apoiar a investigación e os avances no vehículo elécrico nas as empresas auxiliares da automoción. O sector, que xenera 25.000 empregos en Galicia recibirá 230 millóns ata o 2027 | Logo do veredicto emitido polo xurado, a xuiza do caso Samuel ten que ditar sentenza, sen prazo prefixado. Os nove