1.500 alumnos de institutos de Vigo forman un tapiz con carteis alertando sobre a violencia de xenero. A luguesa Marta conseguiu armarse de valor, denunciar a sua parella e empezar unha nova vida. A violencia de xénero tamén se da entre oz mozos. O sesenta por cento das mozas din que reciben insultos machistas de parellas e amigos no teléfono móbil.Un de cada cinco menores sufre abuso sexual e só un dez por cento é capaz de denuncialo. En Galicia o teléfono da infancia recibe cada ano unhas 1.500 chamadas. A maioría por abandono ou maltrato.Iníciase o debate dos orzamentos, dos que a conselleira de Facenda asegura que farán que 2014 sexa o ano da recuperación económica, cun crecemento do 0,8% e a reducion do paro ata o 21,7%. A oposición din que están supeditadas ao pago da débeda e que volven recurtar servizos.O Celta volve deixar fuxir unha clara vantaxe no marcador e coa sua derrota en Anoeta complica a sua situacion clasificatoria. En Segunda o Deportivo é líder en solitario tra