Isabel Díaz Ayuso, nun acto institucional no Porriño, tras rexeitar a xuntanza á que estaba convocada con Pedro Sánchez. A presidenta madrileña chega a Galicia en medio das revelacións de irregularidades económicas da sua parella e a conmoción polas denuncias que fixeron abandonar a politica a Íñigo Errejón|Galicia suma case 24.000 empregos máis durante o verán, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe. O desemprego baixou en 7.300 persoas e a taxa de paro sitúase no 8´8 por cento, fronteao 11´2 por cento de media do conxunto de España, que é o mellor dato dende o ano 2008|O Primeiro exoesqueleto do mundo que se adapta ao peso e tamaño dos nenos. Desde agora está dispoñible na asociación Amencer Aspace de Pontevedra grazas a un doador anónimo | En busca da mellor tortilla de pataca de Galicia, con ou sen cebola. É o concurso no que participan Cociñeiros de Establecementos das catro provincias en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense