Maiores de 80 anos que non viven en residencias, citados para recibir a dose de reforzo contra a covid nun brazo e a vacina da gripe no outro. Unhas 60.000 persoas recibirán esa opción ao longo da semana. Mentres, comenza a inmunización da gripe para todolos maiores de 65. // Os traballadores de Vestas reclamanlle á Xunta que condicione calquera acordo coa multinacional dinamarquesa a que manteña a actividade industrial na Mariña. Así o deixaron constar nunha marcha en Santiago, onde representantes da empresa mantiñan unha xuntanza cos da Consellería de industria. // "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" é o título do congreso que acolle dende hoxe a Real Academia Galega. Elíxese esta sede porque alberga a casa-museo da escritora. Durante toda a semana, expertos internacionais van debater sobre a importancia desta figura da literatura. 25-10-2021