Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. A Xunta recomenda precaución ao circular, non atravesar zonas anegadas ou que poidan asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos, sobre todo nas zonas próximas ao litoral e no interior da provincia de Pontevedra | hoxe comenzou, nalgúns casos facendo cola baixo a chuvia, a venda e reserva de viaxes do Imserso. En total hai cerca de 900 mil prazas ofertadas. Como é habitual, os destinos máis desexados polos galegos, e polo tanto máis difíciles de conseguir, son as Illas Canarias, Baleares e Benidorm, especialmente na primavera | A vendima na denominación de Orixe Ribeira Sacra chega xa ao corenta por cento da colleita prevista este ano, con incerteza entre os pequenos colleiteiros. Algunhas grandes adegas manteñen a negativa a recollerlles a uva ante os excedentes de viño que acumulan sen vender | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retira