Recuperar a credibilidade das institucións ante a corrupción e non usar os migrantes e refuxiados como arma política. Nisto coincidiron o presidente da Xunta, que actuou como delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo Santiago, e o arcebispo na súa resposta | Os líderes políticos da oposición acudiron as súas citas habituais nesta data. Ana Pontón encabezou a manifestación do BNG en Santiago. Mentres, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fíxolle a ofrenda floral a Castelao, en Rianxo | O festivo trae consigo moita celebración e turismo, especialmente na capital galega. Os peregrinos converxen cos visitantes que elixen Santiago para gozar desta fin de semana | Galicia é unha das principais portas de entrada da droga, especialmente da cocaína, en España e en Europa. Hoxe acompañamos ao Servizo de Vixilancia Aduaneira pola ría de Pontevedra