A solemnidade da cerimonia relixiosa na Catedral centrou os actos de celebración da festividade do Apóstolo Santiago. O templo acolleu a ofrenda do reino , presentada, nesta ocasión, polo Presidente do Parlamento, Miguel Santalices, que ostentaba a reprentación do Rei As forzas nacionalistas celebran o Dia da Patria Galega, por separado. O BNG pediu que o de hoxe sexa o primeiro acto do cambio politico en Galicia e Anova convocou unha concentracion para homenaxear ás Irmandades da Fala. O PsdeG-Psoe realizou unha ofrenda floral ante o monumento de Castelao en Rianxo. O candidato a presidencia da Xunta, Xoaquin fernandez Leiceaga defendeu mais autogoberno e un novo estatuto de autonomía. (25/07/16)