Tenso debate no Parlamento pola situación da violencia machista en Galicia. Para o BNG é insoportable. Para o PP, estanse a tomar todas as medidas que un goberno pode adoptar | A vicepresidenta terceira, Sara Aagesen pecha a porta á colaboración do goberno central no proxecto de Altri en Palas de Rei despois que a pasteira desistira de acudir ás axudas do PERTE da descarbonización | Santiago estrea un novo acceso á estación intermodal. Completa unha infraestrutura que conecta tren e autobús no mesmo espazo; un paso importante para mellorar a mobilidade dentro e fóra de Galicia | Detida en Santiago de Compostela unha parella con máis de 50 roubos violentos en nove localidades ás súas costas | Coincidindo co fin de curso escolar, os docentes de primaria, secundaria e formación profesional, reclaman mellores condicións á Xunta de cara o mes de setembro. Entre as principais demandas, están a redución da xornada laboral, dos trámites burocráticos e das rateos de alumnos por aula | Condena a