En boa sintonía. Así se amosaban Alfonso Rueda e Abel Caballero, logo da súa xuntanza de hoxe. Presidente da Xunta e Alcalde de vigo, Dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional | As vivendas turísticas que levan anos operando sen licenza en Santiago non poderán ser regularizadas. Así o establece a nova ordenanza municipal, aprobada cos votos do BNG e Compostela aberta, os grupos do goberno, e os socialistas, aos que o seu partido anunciou medidas disciplicarias | O Parlamento aproba, só cos votos do PP, a tramitación da Lei de aproveitamento dos recursos naturais, que regulará os beneficios da enerxía eólica e a minaría a través dunha empresa público-privada. A oposición acusa a Rueda de defender só intereses de grupos foráneos | A cantante de ópera Teresa Berganza lucíu nos seus recitais fermosos vestidos de grandes deseñadores. Agora moitas desas prendas pódense ver nunha exposición en Santiago, xunto a bocetos orixinais que modistos como Christia