Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico. É unha encarga de Iberdrola, a primeira de Navantia no negocio eólico. Terán que telos listos nun ano e darán traballo a uns 600 operarios // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, personifica a sorpresa política das últimas horas, por ser elexida contra pronostico, porque o alcalde de Becerreá rompeu a disciplina do PdeG Elena Candia asegura que non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biólogo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronómica do dia é unha instantánea da Lúa, Xúpiter e Venus sobre as illas cíes no pasado sábado. 25/06/15