O sector naval Galego está pendente decisión que tome o Colexio de Comisarios da Unión Europea sobre o tax lease, as axudas fiscais á construcción de buques. Unha decisión que podería coñecerse mañá e Fontes do sector din temer que o informe que presente nesa reunión o Comisario da Competencia, o español Joaquín Almunia propoña devolver a totalidade desas axudas. Suporía reembolsar case 3 mil millóns de euros o que poría ao sector, din empresarios e sindicatos, contra as cordas // Francisco Cacharro Pardo declara no xulgado acusado de presuntos delictos de prevaricacion e trafico de influencias na adxudicacion de proxectos de obras cando era presidente da deputacion de Lugo, hai 7 anos // O Parlamento elixe a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, nova senadora por designación autonómica en representacion do PSDEG. Deixará o concello en cumprimento da norma socialista de non acumulacion de cargos. 25/06/13