O Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda recoñece que os resultados das eleccións municipais de onte son malos para a sua formación e non desbota renovacións. Os socialistas destacan o cambio que poden supor nas deputacións de Pontevedra e a Coruña onde o PSdeG-PSOE pode facerse coa Presidencia // O triunfo das mareas cidadás en cidades coma A Coruña e Santiago é un dos datos máis salientables dos comicios. Poden facerse coas dúas alcaldías, en detrimento do PP. O outro, a maioría absoluta lograda polo socialista Abel Caballero en Vigo onde logrou 17 dos 27 concelleiros // A Cooperativa de Armadores de Vigo recibe esta tarde a Placa de Ouro ao Mérito Pesqueiro polo seu labor en defensa do sector. O Ministerio de Agricultura valora os 50 anos de traballo e a súa contribución ó mantemento de máis de seis mil empregos a bordo. 25/05/15