A Xunta aproba a creación de 77 novos parques eólicos que aumentarán un 50 por cento a potencia instalada actual. Cando se cumple o prazo límite para as declaracións de impacto ambiental, desbota definitivamente outros 43 proxectos. // Con apenas 775 casos rexistrados e 132 pacientes ingresados nos hospitais galegos, os especialistas consideran que a pandemia da Covid chegou ao seu fin e piden que se elimine xa a obriga da máscara no transporte público. // As baixas laborais entre os médicos de familia, que aumentaron ata un 9 por cento durante o ano pasado. Unha cifra record que acentúa os problemas de sobrecarga de traballo. // O museo de Pontevedra formaliza con representantes do goberno de Polonia a devolución dos cadros que tiña nos seus fondos e que resultaron proceder do espolio nazi a unha familia dese país durante segunda guerra mundial. 25-01-23