Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais do ano. O marisco e os peixes lideran os prezos | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos ata que toque marchar á casa para cumprir coa tradición familiar | Día de reencontros. Momentos especiais para as persoas que viven fóra e regresan ao fogar nestas datas festivas. Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos uns dos beléns de máis sona de Galicia, o que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense
