Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en 2011. 24