A devolución de tódalas peaxes cobradas dende 2012, e o que reclama a asociación de usuarios da Autoestrada do Atlántico, logo de que a Comisión Europea declare ilegais as prórrogas da concesión. Cren que pode ser un impulso para lograr a gratuidade. // A crise da covid obrigou a pechar moitos negocios, pero espertou tamén a audacia de moitos emprendedores. Agunhas destas innovacións podemos coñecelas na feira que acaba de abrir as súas portas na Praza de España de Pontevedra. // Escolares da Coruña acheganse hoxe ata a praia para recoller lixo. Xunto deles, un grupo de músicos, que máis tarde reutilizarán os refugallos para convertilos en instrumentos. É unha das actividades programadas no Festival Mar de Mares. // En Vigo, gran espectación co concerto de Amaral, mañá no Aparcamento da praia de Samil. As entradas, gratuitas, foron xa distribuidas para 2.300 espectadores, no que será o maior evento musical na cidade dende que comenzou a Pandemia. // 24-09-2021