Desolación en Tui trala explosión que causou dous mortos e unha trintena de feridos // A onda expansiva arrasou unha vintena de casas en Paramos e provocou moitos danos en propiedades a carón da zona cero // A explosión producíase pasadas as catro e media da tarde de onte nun almacén de explosivos // Os Tédax revisaban o perímetro de seguridade e era detido o dono da pirotecnia que está á espera de pasar a disposición xudicial // O Presidente da Xunta manifestou o pésame polas vítimas e anunciou axudas para os damnificados // Paula Quinteiro descarta dimitir como deputada de En Marea pese a que o 85% dos inscritos que participaron na consulta interna así o pediron // A gota fría deixou inundacións nas rúas de Chantada a pasada tarde. 24/05/18