Xa están rexistradas as propostas políticas dos distintos grupos parlamentarios que se votarán mañá na segunda xornada do debate sobre a autonomía. Son 136 | Traballadores e traballadoras da Radio Televisión de Galicia presentaron esta mañá 23.854 sinaturas coas que forzarán o debate no Parlamento da iniciativa lexislativa popular 'Liberemos a Galega'. Levan máis de 6 anos de protestas denunciando manipulación por parte do Goberno da Xunta | Protestas das traballadoras do SAF en seis localidades galegas; denuncian condicións laborais precarias que non garantan unha boa atención | Vigo acolle o Congreso Nacional de Organizacións de Maiores | Comezan as obras de mellora da estrada que une Lugo con Ourense. O Ministerio di que rematarán en 2027 pero que se o tempo o permite, pode que antes | Vitoria do Celta 3-0 ante o Villareal no encontro intersemanal de liga na primeira división | Comeza o Encontro Mundial do Humorismo na Coruña | O Circo do Sol presenta ‘Corteo’ na cidade