A data das eleccións autonómicas en Galicia volve ao debate político despois de que o lehendakari Íñigo Urkullu plantexase celebrar as de Euskadi en xullo // A partir do domingo os menores de 14 anos poderán sair pasear de xeito controlado. Moitas institucións están a repartir máscaras infantís, coma o concello de Sober // Propietarios de hortas de autoabastecemento piden poder recoller os froitos cultivados durante o inverno e facer as plantacións de primavera. Está prohibido se as teñen a máis de cincocentos metros dos seus domicilios. (24/04/2020)