Frear a cuarta vaga. É a prioridade que se marca a Xunta para manter as restricións que xa están vixentes durante a Semana en toda Galicia, con algúns cambios a partir do venres: Os concellos de Maside e Beade serán os únicos en nivel máximo. Sanxenxo e Baiona suben ao nivel alto. Rexeita, en cambio o peche por provincias proposto polo goberno central. // A frota galega que faena en augas comunitarias poderá seguir cos mesmos cupos de capturas ata o mes de agosto, logo da prórroga acordada pola Unión Europea, mentres negocia un acordo definitivo para todo o ano co Reino Unido // A velocidade inadecuada e as distracccións ao volante, como usar o telefono mobil, son a causa da metade das mortes que se producen cada ano nas estradas. Un cambio na lei endurece o actual sistema de puntos do carnet de conducir para tratar de porlle freo o número de accidentes. // Novo recoceñecemento para Guadi Galego. Un dos seus temas, Cólico elixido coma mellor canción en galego no Aritmar, un certamen qu