Tres días de loito no Grove polo pasamento do home agredido durante un partido cadete de balonman feminino en Sanxenxo. Era o avó do árbitro. Empurrárono por defender ao seu neto. Faleceu hoxe tras dous meses na UCI |O presidente da Xunta mantén o seu rexeitamento a condonación de débeda das comunidades autónomas anunciada polo goberno central, tras chegar a un acordo con Esquerra Republicana de Cataluña. A ministra de Facenda estima en máis de 4.000 millóns a cantidade que se perdoaría a Galicia | Sergas e o grupo sanitario Ribera apuran a negociación para renovar o convenio do centro hospitalario Povisa para atencer a 116.000 usuarios na area sanitaria de Vigo. Tras ampliar dúas veces o prazo para que a empresa presente a sua oferta, a Xunta garántelle máis de 97 millóns anuais polos servizos os próximos dous anos | Ana Peleteiro consegue o seu noveno triunfo consecutivo en triplo salto, no campionato de España de atletismo en pista cuberta disputado en Madrid. Ouro tamén para a muga