Comezaron as obras para reparar os danos causados polos temporais. Nas praias coruñesas de Riazor e O Orzán as máquinas preparan un valo de area da mesma altura que o paseo marítimo que evite que as ondas e a area invadan a zona peonil e mesmo a calzada, tal como sucedeu varias veces este inverno // Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras que foi o único cargo Público detido na operaciòn "Patos" contra unha presunta trama de corrupción // Anova, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras, irá ás próximas eleccións europeas integrada nas listas de Esquerda Unida. A decisión foi adoptada por votación entre os militantes, na que a opción gañadora logrou once votos máis que a outra, que apostaba por unha coalición con outras forzas nacionalistas. 24/02/14