Máis de tres toneladas de cocaína intervidas e cinco detidos nun pesqueiro do Grove que navegaba polo Atlántico. // Visitamos en Vigo o último buque científico do Instituto Español de Oceanografía, o ¿Ángeles Alvariño¿. Costa vinte millóns de euros e estará traballando en setembro, nunha campaña de investigación nas Canarias. // Prezos baixos nas primeiras poxas da ameixa depurada nas bateas experimentais de ría de Ferrol. // O Deportivo está de festa. Celebra que acaba de chegar á cifra histórica dos 25.000 abonados. // O autobús itinerante coa mostra dos 75 anos de historia de RNE está hoxe en Santiago. 24/02/12