O comité de empresa de Meirama péchase no Concello coruñés de Ordes en defensa dos 77 empregos directos que se perderán co peche da central térmica // O hospital de Lugo contará con servizo de hemodinámica as 24 horas a partir do 18 de febreiro // A espera media para operarse en Galicia é de 61,6 días, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, segundo o Sergas // A Xunta aproba 5 millóns en axudas para rehabilitar vivendas e espazos publicos no Parque Nacional das Illas Atlanticas e tamén 4 millóns para mellorar aloxamentos turisticos // A Comisión Europea prepara axudas para atenuar o impacto dun Brexit sen acordo que podería supoñer a expulsión das flotas de territorio británico en Gran Sol e Malvinas, onde faenan 120 barcos galegos // Galicia presenta en Fitur un itinerario marítimo polos vestixios que deixaron os Fenicios na nosa comunidade. 24/01/19