Poucos premios e moi repartidos. Galicia xogada máis 220 millóns de euros no sorteo da lotaría de Nadal, pero a fortuna só trouxo de volta menos de dez millóns en premios | Un xulgado do Carballiño ordena o ingreso en prisión de catro membros dunha banda especializada en roubar casas. A Garda Civil atribúelle a este grupo, que tiña a súa base nun piso turístico de Vigo, trece asaltos a vivendas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra | Carmela Álvarez, unha moza da Coruña afeita a derrubar barreiras. É a primeira persoa con síndrome de Down en España que abre o seu propio negocio. Ten unha tenda na que vende as xoias que ela mesmo elabora | Visitamos un dos Beléns máis famosos de Galicia, o de Begonte, en Lugo. Artesanal e animado electronicamente, foi un dos primeiros en movemento. Remóntase a 1972