Os temporais dannos unha tregua para o Nadal, pero as incidencias dos últimos días manteñen milleiros de fogares sen luz // Un matrimonio de anciáns e un fillo faleceron intoxicados polos gases dun xerador que tiñan no soto da súa casa // Varios detidos en Ourense e Pontevedra nunha operación que desmantelou unha rede que transportaba cocaína entre Galicia e as Illas Canarias // O ministro de Cultura en funcións inaugura a nova sede da biblioteca pública do Estado en Ourense // O Celta perde na segunda metade  a vantaxe que lograra na primeira, con bo xogo e un gol de Iago Aspas // A canceira “Os Palleiros” de Pontevedra suspende nestas datas as entregas en adopción, para que non se interprete que os animais son ou agasallo ou un xoguete. 23/12/19