Dúas mulleres resultaron mortas ao ser atropeladas por un coche en Moaña, nun treito limitado a 50km por hora. O impacto do vehículo, conducido por un mozo da zona, foi tal que as dúas mulleres quedaron tendidas sobre o asfalto a varios metros unha da outra // A xunta aproba pra o ano que vén 50 millons de euros para cursos de formacion e obradoiros de emprego. Tamen lle dá o viste e prace o bono de alugueiro social , para persoas con maiores dificultades para pagar o aluguer da vivenda. Serán 150 euros ao mes durante un ano, e ata un maximo de dous // Gandeiros, membros da Plataforma en defensa do Sector lácteo trasladaron ao centro de distribucion da cadea DIA en Santiago as protestas que viñeran realizando nas últimas semanas na Coruña. 23/12/15