Informadores a pé de rúa para tentar evitar comportamentos incívicos dos turistas e peregrinos que chegan a Santiago. Desde hoxe e durante mes e medio, cinco parellas de informadores traballan nos principais puntos turísticos da cidade | O número de viaxeiros que escolle Galicia vai cada ano a máis. Os que se aloxaron en hoteis e pensións galegas aumentaron en xullo un dous e medio por cento, a pesares de que as habitacións son case un cinco por cento máis caras que hai un ano | Só dous de cada dez dos novos trens Avril, os que fan o servizo de alta velocidade entre Galicia e Madrid, está chegando con puntualidade ao seu destino neste mes de agosto | A diversidade sexual tamén se expresa no rural. Arranca en Monterroso, en Lugo, o Agrocuir, un festival LGTB pioneiro no noso país, e que vai xa pola súa novena edición