Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor que estamos sufrindo desde o luns. A Xunta ten activada a alerta en toda Galicia, especialmente nas provincias de Ourense e no sur Lugo | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo e a ocupación dos hoteis case un dous por cento, segundo os datos publicados hoxe polo INE | Mexillóns que morren, se desprenden das cordas, ou con pouca forza para medrar e engordar. É o que denuncian os bateeiros de Arousa, preocupados polo baixo rendemento do molusco | Moitas familias preparan xa libros, uniformes ou material escolar: sinónimo de gasto. Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno. 23-08-23