Toneladas de madeira, nalgúns sitios tapada para evitar o orballo, están xa preparadas en cidades e aldeas para arder esta noite en miles de cacharelas por toda Galicia. Nunha das celebracións máis multitudinarias, na praia de Riazor na Coruña agárdase que participen entre 130 e 150 mil persoas // A xunta aproba o decreto que conxela as taxas universitarias para o vindeiro curso, o que converte a Galicia na comunidade autonoma cos prezos mais baixos. O consello tamen aprobou o convenio polo que o concello de Vigo se integra no plan de transporte metropolitano, un plan vixente dende hai 1 ano // Comezaron en 58 centros de toda Galicia os exames dos máis de 15 mil aspirantes que compiten polas 1.112 prazas de profesor incluídas na convocatoria deste ano. Os que superen este, someteránse a unha segunda proba oral para a que aínda non hai data. Os nomes dos aprobados coñeceranse na segunda quincena do mes que vén. 23/06/16