A procesión de chimpíns, os vehículos oficiais do evento, volve ao centro do Porriño na inauguración do festival de Cans. Un certame diferente que comezou hai 21 anos | O exceso de auga nos campos impide o acceso da maquinaria e fai que se teña que atrasar a sementeira do millo, o principal alimento das vacas nas granxas de produción de leite | Espectacular exhibición da policía nacional, na Coruña, con actuacións antiterroristas, busca de droga ou explosivos, diante de 3000 rapaces. Unha actividade coa que pechan os cursos de formación que realizan nos centros escolares | Dúas mulleres separadas por dous séculos e unidas pola maxia do oculto. Ledicia Costas invoca ás meigas en Pel de cordeiro, a terceira novela que publica para público adulto. A escritora de Vigo, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, indaga na práctica da bruxaría na Galicia da Inquisición. 23-05-2024