Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade indica que as tres persoas afectadas atópanse estables. // Os casos activos de Covid son pouco máis de 10.000, logo de contabilizarse 1.190 novos contaxios dende o sábado. Os pacientes hospitalizados son 641, dos que 20 permanecen nas UCI. // O estaleiro Armon de Vigo construirá un buque oceanográfico, por encargo do Ministerio de Ciencia e Innovación. Costará 85 millóns de euros e poderá traballar a 6.000 metros de profundidade. // O número de turistas que extranxeiros que visitaron Galicia incrementouse en abril nun 68 por cento respecto ao ano anterior. Son datos recabados polo INE a partir da posición de teléfonos móviles. 23-05-2022