Os centros de saúde comezan a toma de mostras aos seleccionados para participar no estudo epidemiolóxico que pon en marcha a Xunta. O obxectivo é coñecer a incidencia da Covid-19 en Galicia, testando a cen mil persoas // Axudar ao pequeno comercio e á hostalaría mercando bonos para consumilos cando volvan abrir as súas portas. É unha iniciativa que xa está en marcha en localidades como Sarria ou Lugo // As librarías celebran este atípico día do libro coa reixa baixada. A venda por internet está a supor un pequeno alivio para as librarías que ofrecen este servizo con entrega a domicilio. (23/04/2020)