A Xunta vai converter o actual edificio da estación de autobuses de Santiago nun complexo administrativo, ao carón co actual de San Caeteno, e que acollerá a 1.300 funcionarios. Asi reducirá o pagamento de alugueres.A reforma farase cando entre en servizo a nova estaciòn intermodal compostelá. A xuíza Pilar de Lara investiga gastos da DEputación de Lugo en pulpadas, xoias e outros obxectos que superan os 200.000 mil euros en dous anos durante o goberno de Gómez Besteiro. Non lles atopa xustificación no programa Km 0, destinado a dar a coñecer a provincia, segundo figura no sumario da Operación Pulpo. Axentes da unidade de delitos telemáticos da Garda Civil de Pontevedra desmantelan unha rede de intercambio de arquivos de contido pedófilo en internet. Hai 8 detidos, en Madrid, Valencia, Murcia e Xixón nesta chamada Operación Tor ordeada por un xulgado pontevedrés. (23/03/16)