Punto final aos billetes para viaxar de balde. As axudas do goberno central ao transporte público decaen ao quedar rexeitado no Congreso dos Deputados o chamado Decreto Ómnibus, que as incluía. Os bonos xa adquiridos poderanse seguir utilizando ata que remate a sua vixencia. A Xunta manterá as suas bonificacións | Galicia, Refuxio Climático natural, é a nova marca da oferta turística para atraer visitantes á nosa comunidade. Foi presentada na segunda xornada de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid, e na que tamén houbo protagonismo para Vigo, a cargo do seu alcalde | Mergulladores da Garda Civil inspeccionan o somerxible atopado na Costa da Morte, en busca de indicios de que fora empregado para o narcotráfico. En Vigo, zarpa con destino a Rusia o buque que fora interceptado por axentes en alta mar, despois de ser rexistrado sen atopar rastro de droga a bordo | Acelerar o acceso ás probas de biopsia líquida para tódolos pacientes que as precisen, igual que xa