Condenados a tres anos de cadea os autores dos abusos sexuais reiterados a unha menor en Baleira, que chegou a quedar embarazada e deu ao fillo en adopción. // O tráfico é xa fluído na estrada nacional entre Cangas de Foz e Burela, a principal vía de comunicación da Mariña, con apenas algunas retencións, logo de que fose habilitado un único carril regulado por semáforos. // O grupo Inditex acomete cambios nas suas tendas en Galicia, co peche de establecementos como os da marca Berska en Vilagarcía e Pontevedra, para trasladarse a un centro maior en Vigo. // Hoxe emitimos o Telexornal desde un novo estudo, cun decorado modernizado, que se une á liña estética dos Telediarios, dotado de máis recursos e posibilidades, para facer máis atractivas e completas as noticias de Galicia. 23-01-23