Constituída no Parlamento Galego a comisión de investigacion sobre a xestión das antigas caixas de aforros, que supuxo a súa fusión e posterior nacionalización. Unha comisión que retoma os traballos da que quedara paralizada na anterior lexislatura // Nos próximos meses botarán a andar os sete primeiro proxectos de aplicación dos avións non tripulados, con base no aerodromo lucense de Rozas. Irán destinados á seguridade marítima ao control dos ríos, á planificación do territorio e á xestión forestal // En Monforte, estase a producir unha das imaxes que simbolizan os efectos do frío e a xeada dos últimos días. O río Cabe, conxelado debido ás baixas temperaturas. 23/01/17