O Gordo da Lotaría, o 13.437, tocou na Coruña, Carballo e Lugo. En total, 12 millóns de euros. En Carballo, ademáis do Gordo, tamén se venderon un segundo premio e dous cuartos. De un destes, o 67.009, caeu case todo: 600 mil euros // O segundo premio, o 92.845,tocou moi repartido, en 12 localidades galegas. Dos quintos, o 67.924 deixou en Lourenzá 2 millóns 400 mil euros // Morre unha muller de 70 anos nun incendio na súa casa, en Oleiros. Foron os veciños os que deron a voz de alarma ao ver as lapas. Investigan as causas do lume // O bispado de Tui-Vigo suprime a Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, despois de que o seu fundador, Miguel Rosendo Dasilva, fose encarcerado por asociacion ilicita e abusos sexuais. O bispado alega "grave escándalo" causado polos "miguelianos" // O Deportivo despide o ano cunha nova derrota lonxe de Riazor, 3 a 0 en Vilarreal. O Celta faino tras 6 xornadas sen marcar un gol. O Lugo si marca, media ducia ao Numancia, pero recibiu outros tantos. 22/12/14