Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos da infección por virus do èbola. A auxiliar de enfermería lucense superou a doenza  pero ainda terá que seguir a tratamento para paliar os seus efectos // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego e piden á Xunta e ás universidades que lles faciliten as ferramentas e medios para poder facelo. Foi no día da galeguidade empresarial e cando se cumpren dez anos da aprobación do plan de normalización lingüística // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. A media mañá era asaltada unha xoieiría do centro da cidade. Tres individuos disfrazados con perrucas roubaron a punta de pistola o negocio. Lograron levar 30 reloxos de marcas de luxo cun valor aínda sen cuantificar. A policía conseguiu deter a dous. 22/10/14