O futuro do traballo e o diálogo social é o tema do encontro de Alto nivel que se celebra en Santiago, co protagonismo da vicepresidenta segunda en funcións, Yolanda Díaz. | A Organización de Pesquerías do Atlántico norte anuncia un aumento de máis do 90 por cento da cota de pesca de bacallao para a frota española. O ano que ven poderá capturar en augas de Terranova preto de 12.000 toneladas, fronte as 6.100 deste ano. | O Parque Nacional das Illas Atlánticas remata a temporada de verán como un dos destinos turísticos máis demandados de Galicia, cunha afluencia de 460.000 visitantes. | Unha homenaxe a Ana Kiro, a cantante falecida en 2010, para representar a Galicia na chamada Eurovisión da Intelixencia Artificial.  22-09-23