Os peregrinos rexistrados no que vai de ano xa superan aos de 2019, polo que este 2022 convértese no record da historia do Camiño de Santiago. Hoxe mesmo a oficina do peregrino conta con superar as 350.000 compostelas entregadas. // Comenzan os traballos para desmantelar os restos do viaduto do Castro, na A-6. En Pedrafita, o desvío habilitado para evitar a travesía polo casco urbano suscita queixas entre os condutores de camións. // A Avogacía do estado reclama á Familia Franco máis de 500 obxetos do interior do Pazo de Meirás non incluidos ata agora no inventario oficial de bens mobles. Algúns, di, son documentos de gran valor histórico e patrimonial. // Coñecemos o Océano Surf de Valdoviño, o primeiro museo adicado en España a este deporte. Promovido polo concello coa participación das escolas locais, garda unha colección de táboas de todo o mundo e unha recopilación da historia do surf. 22-09-22