Dous incendios agresivos preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa | En Ourense, aínda que a situación mellora, seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada| Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada. O aviso afecta a 20 concellos e estase seguindo especialmente a situación na conca no Lérez, na zona de Baiona e no río Grande de Camariñas